|
- As medidas deben indicársenos en milímetros.
- As medidas do toldo de guías tómanse co toldo estendido na súa totalidade. Abondará con medir ese longo (Saída total) e o largo (Liña de lona= Medida da barra de aluminio que a suxeita). Se tes algunha dúbida, consulta a figura. É importante ter en conta se se quere que, estando estendido o toldo, a lona quede estirada ou formando ondas. En caso de querer ondas, no canto da Saída total real, deberás introducir unha medida máis grande, dependendo da ondulación que desexes.
- Debes indicarnos se o colgante vai unido ao resto da lona ou separado.
- Por cada vaíña, debemos engadir 60 mm de tela, polo que debes indicarnos o número de vaíñas das que consta o teu toldo. Na figura do exemplo, hai 6 vaíñas, formando 5 ocos
- Ademais, deberás especificar se o teu toldo ten Ollaos para liberar a auga e o número deles por oco..
|